Amanda Díaz |
A charla baseouse na curtometraxe 'El orden de las cosas' (A orde das cousas), onde está moi ben reflictida a violencia de xénero e o calvario que sofren moitas mulleres polo maltrato dos seus maridos. Tamén critica o modelo de familia tradicional, onde o home predomina sobre a muller e debe ser o que mande e tome as decisións importantes (de aí ven o título) Tamén denuncia o sufrimento do fillo (Marquitos), cuxa infancia vese estragada polo maltrato físico e psicolóxico do pai (Marcos) á súa nai e decide marchar da casa. Úsanse símbolos coma o cinto (simboliza o maltrato físico), e a porta sempre aberta (o control). Ademais, é impactante a actitude que amosan outras persoas que chegan á casa, homes coas súas respectivas mulleres, que lle aconsellan a Marcos que sexa máis duro e inflexible con Julia.
Por último, a muller (Julia) aparece no mar, primeiro baixo a auga e despois saíndo a flote e chegando á area da praia, e deixando unha bañeira na area xunto a moitas outras, que simbolizan o peso do maltrato, e a acción de saír a flote simboliza que é posible unha vida sen malos tratos e lonxe do marido maltratador.
A charla foi moi interesante e entretida, xa que nos axudou a ver o que sofren moitas mulleres e axuda a poñerse na pel delas, e a entender que o maltrato pode afectar a máis persoas ca a muller, o que simboliza o fillo. Contar cunha experta como Amanda, psicóloga, e cun máster relacionado coa violencia de xénero, fixo que comprenderamos mellor o vídeo e o tema da violencia de xénero.
Aquí podes ler unha entrevista a Amanda na web de 'La Voz de Galicia'.
A continuación, podes ver a curtometraxe: 'El orden de las cosas' (en castelán)
No hay comentarios:
Publicar un comentario